DESCRIPCIÓN:
Con esta charla preténdese que o alumnado interiorice os principios que rexen a xestión sostible dos residuos urbanos e colaboren coa aplicación do principio das tres R. Tamén é crucial que se decaten da importancia da colaboración da ciudadanía para conseguir un planeta limpo e sostible.
OBXECTIVOS:
Coñecer o funcionamento da planta de SOGAMA en Cerceda.
Recordar a importancia das tres Rs: Reciclar, Reducir e Reutilizar.
Separar en diferentes contedores: Amarelo (envases lixeiros); Azul (papel e cartón); Verde (vidro, non cristal); Verde xenérico (orgánico e restos)
Aprender que os contedores marrón (compostaxe) serán realidade en breve.
Concienciarse de que reciclar axuda a aforrar materias primas e enerxía.
AVALIACIÓN DE RESULTADOS (conclusións):
Despois dunha presentación sobre os diferentes xeitos de tratar o lixo que producimos e de tentar reducilo, verán un vídeo sobre o funcionamento da planta de SOGAMA en Cerceda para comprender o proceso dende os contedores ata a chegada á planta de reciclado.
REFERENCIAS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario