miércoles, 4 de mayo de 2022

 PROXECTO ESCOLA VERDE DO IES SATURNINO MONTOJO


O IES Saturnino Montojo é un centro que participa de forma sistemática en varios proxectos e programas: PLAMBE, Club de Lectura, Correspondentes Xuvenís, Erasmus+ KA 229, Voluntariado de Biblioteca Escolar, Meteoescolas, etc. Durante o presente curso académico, o equipo da Biblioteca Escolar e o equipo de Normalización escolleron conxuntamente o tema do medio ambiente como punto de partida para desenvolver distintas actuacións. Este contexto será moi favorable para o desenvolvemento dun proxecto como Escola verde, co que pretendemos concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de protexer o noso contorno e os recursos naturais coa intención de mellorar o seu presente e, sobre todo, de incidir positivamente no seu futuro.



martes, 3 de mayo de 2022

VISITA Á EXPOSICIÓN DA FUNDACIÓN “O NOSO PLANETA”

 ACTIVIDADE: VISITA Á EXPOSICIÓN DA FUNDACIÓN “O NOSO PLANETA”

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, traemos a exposición «O noso planeta»

, baseada na serie homónima e coa participación de David  Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do ser humano: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.




Estruturada en oito bloques, a exposición incide na importancia do coidado e do respecto cara ao medio ambiente como única vía para unha vida sostible. A partir do documental que a plataforma audiovisual Netflix produciu para a televisión, e que bateu todos os records de audiencia da plataforma, Afundación e Planeta, editora do catálogo, presentamos esta exposición.

«Mundos de xeo», «Auga doce», «Praderías», «Desertos», «Bosques», «Selvas», «Litorais» e «Alta mar» son as oito divisións nas que se ilustra a biodiversidade do noso planeta, acompañadas por textos que contextualizan cada ecosistema en clave divulgativa a través de aspectos biolóxicos, ecolóxicos, de sustentabilidade ou curiosidades da natureza.

Esta proposta consiste en presentar esta exposición como unha actividade experiencial: ás espectaculares imaxes do planeta súmase un chan interactivo que ofrece ao visitante a posibilidade de cruzar o fondo do mar, un audiovisual chamado “Que podo facer eu” co que o visitante poderá coñecer as pequenas accións que na nosa vida diaria podemos achegar á sustentabilidade dos ecosistemas e moitas máis sorpresas que irán acompañando o visitante desde o comezo ata o final do percorrido pola sala.








viernes, 14 de enero de 2022

RECICLA CON SOGAMA

 

  • DESCRIPCIÓN: 

Con esta charla preténdese que o alumnado interiorice os principios que rexen a xestión sostible dos residuos urbanos e colaboren coa aplicación do principio das tres R. Tamén é crucial que se decaten da importancia da colaboración da ciudadanía para conseguir un planeta limpo e sostible.

  • OBXECTIVOS

  • Coñecer o funcionamento da planta de SOGAMA en Cerceda.

  • Recordar a importancia das tres Rs: Reciclar, Reducir e Reutilizar.

  • Separar en diferentes contedores: Amarelo (envases lixeiros); Azul (papel e cartón); Verde (vidro, non cristal); Verde xenérico (orgánico e restos) 

  • Aprender que os contedores marrón (compostaxe) serán realidade en breve.

  • Concienciarse de que reciclar axuda a aforrar materias primas e enerxía.




  • AVALIACIÓN DE RESULTADOS (conclusións)

Despois dunha presentación sobre os diferentes xeitos de tratar o lixo que producimos e de tentar reducilo, verán un vídeo sobre o funcionamento da planta de SOGAMA en Cerceda para comprender o proceso dende os contedores ata a chegada á planta de reciclado.

lunes, 20 de diciembre de 2021

ACTIVIDADE: VISITA Á EXPOSICIÓN DA FUNDACIÓN “O NOSO PLANETA”

 En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, traemos a exposición «O noso planeta»

Este traballo tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do ser humano(plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc...)

Estruturada en oito bloques, a exposición incide na importancia do coidado e do respecto cara ao medio ambiente como única vía para unha vida sostible.

«Mundos de xeo», «Auga doce», «Praderías», «Desertos», «Bosques», «Selvas», «Litorais» e «Alta mar» son as oito divisións nas que se ilustra a biodiversidade do noso planeta.

Esta proposta consiste en presentar esta exposición como unha actividade experiencialás espectaculares imaxes do planeta súmase un chan interactivo que ofrece ao visitante a posibilidade de cruzar o fondo do mar, un audiovisual chamado “Que podo facer eu” co que o visitante poderá coñecer as pequenas accións que na nosa vida diaria podemos achegar á  sustentabilidade dos ecosistemas e moitas máis sorpresas que irán acompañando o visitante desde o comezo ata o final do percorrido pola sala.




viernes, 10 de diciembre de 2021

INVESTIGACIÓN SOBRE O COMERCIO DE PROXIMIDADE.


UBICACIÓN: As aulas ordinarias da ESO


DESCRIPCIÓN: Exposicións sobre a alimentación do presente e do futuro e as mellores consecuencias da mesma para a saúde individual e global.

OBXECTIVOS: Dar a coñecer novas fórmulas de dietas sostibles e as vantaxes da utilización dos produtos procedentes do rural mais próximo e o comercio local.

AVALIACIÓN DE RESULTADOS (conclusións): Despois da información recollida a través de links que se colgaron da plataforma Edixgal realizouse un debate no que se puido apreciar o calado positivo no alumnado sobre as reflexións e consideracións propostas.

VIDEO DE ESCOLA VERDE